Facemos a nosa historia

OBXECTIVOS EXAME 12/3/2020
DEFINICIÓNS:

  • Bloques I, II,III,IV, V COMPLETOS

PREGUNTAS LOGAS:
  • A crise socio-económica do século XVII (a crise demográfica, o deterioro da economía, os problemas da facenda real).
  • O valimento do conde-duque de Olivares e a crise da monarquía (os proxectos de reforma, as revoltas de Cataluña e Portugal).
  •  Economía e sociedade na Galicia dos Austrias (a agricultura e as súas transformacións, a importancia da pesca na Galicia litoral, a estrutura social: sociedade rendista e peso da fidalguía)

COMPOSICIÓNS:

  • A crise da Restauración (a desarticulación do sistema canovista).
  • A crise de 1917, os gobernos de concentración e a guerra de Marrocos. 
MODELO DA COMPOSICIÓN  SOBRE PRIMO DE RIVERA (VOLUNTARIA)
DATA DE ENTREGA  18/3/2020

ORIENTACIÓNS:Tendo en conta os seguintes documentos, aos que debes referirte ao longo da túa exposición, debes elaborar unha redacción sobre a ditadura do xeneral Primo de Rivera, centrándote nos ámbitos político e económico. O golpe de Estado), aprobado por Alfonso XIII, pon fin ao réxime constitucional e instaura no goberno a un Directorio Militar que será sucedido en 1925 por un Directorio Civil. Os éxitos militares en Marrocos e un crecemento económico sustentado no nacionalismo e no intervencionismo non puideron evitar a caída do ditador en 1930, enfrontado a unha crecente oposición e ao cambio de tendencia na conxuntura económica internacional.

Doc.1 .-Manifesto do xeneral Primo de Rivera (13 de setembro de 1923):
Españois: Chegou para nós o momento máis temido que agardado (...) de atender o clamoroso requirimento de cantos amando a Patria non ven para ela outra salvación que libertala dos profesionais da política, dos que por unha ou outra razón nos ofrecen o cadro de desventura e inmoralidades que comezaron no ano 98 e ameazan a España cun próximo fin tráxico e deshonroso (...).
Non vimos chorar mágoas e vergoñas, senón poñerlles axiña radical remedio, para o que requirimos o concurso de todos os bos cidadáns. Para iso (...) constituirase en Madrid un Directorio Militar con carácter provisorio encargado de manter a orde pública (...)”.
Doc. 2.-Proposta de Primo de Rivera a Alfonso XIII para substituír o Directorio Militar por un Directorio Civil (1925):
En suma, señor, para expoñer o meu pensamento clara e sinceramente, o que propoño a V. M. é a substitución dunha ditadura militar por outra civil e de organización máis axeitada, pero non menos vigorosa. E permítome propoñelo así, recollendo a arela popular, que só teme do cambio de goberno que se debiliten os resortes do mando que foron carácter do Directorio militar, cuxa vida, como xenuína representación do exército e da mariña, que tan patrioticamente ofreceron o prestixio dos seus nomes corporativos a este arriscado labor, non debe levarse a momento de desgaste ou de quebranto;; nin tampouco debe subtraerse por máis tempo ao país, na súa representación civil, que é a axeitada e tan manifestamente está da nosa parte, a participación e a responsabilidade na obra de reconstituílo e reeducalo administrativa e politicamente”.
Doc. 3.-Rematada a ditadura, Ángel Ossorio, que sería deputado nas Cortes republicanas, enxuíza así a situación de España:
“E despois de seis anos longos de Ditadura, ¿que queda en España? (...). Roto o Exército con múltiples sublevacións sucesivas (...);; rota a Universidade, coas aulas pechadas (...);; rota a Facenda, coa moeda derrubada (...);; rota a Xustiza (...).
Todas as forzas lexítimas, rotas;; pero, en troques, intactas todas as forzas nocivas (...): o caciquismo en pé, as súas falanxes unidas;; o sindicalismo revolucionario, latente e prevido;; os extremismos nacionalistas, máis esaxerados que antes;; nin un só dos elementos da patoloxía nacional quedaron suprimidos ou atenuados”

MODELOS DE COMPOSICIÓN DA 2º PARTE DA RESTAURACIÓN
O alumn@ debe realizar unha delas de xeito obligatorio.

ORIENTACIONES: Baseándote nos seguintes documentos debes compoñer un texto sobre a crise da Restauración, aberta coa perda das colonias ultramariñas en 1898. Na redacción debes abordar as seguintes cuestións: a crecente disposición do Exército a tutelar a vida política, o aumento da conflictividade social e a desarticulación do sistema. Recorda que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.

Doc. 1.-Artigo publicado na revista El Ejército Español en 1905:
“Aos separatistas cataláns dilles que xa rematou a época das contemplacións;;;; que de hoxe en diante non se poderá berrar „¡Morra España!‟ sen que quen o berre saiba que é perigosísimo o berralo. Aos gobernos dilles que tamén pasou a época en que poidan amosárense débiles;;;; que é preciso arrincar de raíz a semente separatista custe o que custe. E ás Cortes dilles así mesmo que se por imprevisión dos lexisladores non hai leis contra o separatismo, as fagan axiña, porque entrementres o Exército aplicará a lei suprema, a que dita o seu inquebrantable amor a España unha e intanxible”.

Doc. 2.- Telegrama do Gobernador Civil de Barcelona (xullo de 1909)
“Como domingo a aglomeración de xentes no peirao e arredores era enorme. Desde o primeiro momento advertín a presencia de grupos radicais que denotaban o plan preconcibido de provocar algunha situación de forza pola miña parte. Por isto mesmo esforceime en non darlles gusto e o Corpo de Seguridade deu hoxe proba admirable de paciencia despexando o peirao por milímetros e logrando o normal embarque inda que tendo que aguantar multitude de inconvenientes. O terreo estaba hoxe abonado para que prendera calquera chispazo, pois a circunstancia de ser casados moitos dos expedicionarios colocaba ás esposas en situación desesperada e conmovían á xente co seu pranto...Unha vez embarcada a forza os soldados que enchían a parte de popa gritaban con entusiasmo “Morra a policía, Morra Maura, Morra Romanones, morra a guerra”, gritos aos que contestaba o público con aplausos e gritos de que vaia Comillas e vaian os fillos de Güel.”

Doc. 3.-: Oligarquía e caciquismo (Joaquín Costa, 1901):
“Non é a nosa forma de goberno un réxime parlamentario, viciado por corruptelas e abusos, segundo é uso entender, senón, ao contrario, un réxime oligárquico, servido, que non moderado, por institucións aparentemente parlamentarias. Ou, dito doutro xeito, non é o réxime parlamentario a regra, e excepción dela os vicios e as corruptelas denunciadas na prensa e no Parlamento mesmo durante sesenta anos; ao revés, iso que chamamos desviacións e corruptelas constitúen o réxime, son as mesma regra...”

ORIENTACIÓNS: Baseándote nos seguintes documentos debes compoñer un texto sobre A crise de 1917, os gobernos de concentración e os problemas bélicos en Marrocos. A exasperación da inestabilidade gubernamental e o prinunciamento de Primo de Rivera como final do réxime constitucional. Recorda que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.
Doc. 1.-A inestabilidade dos gobernos, 1917- 1922:

Doc. 2.- Mensaje de las juntas de defensa a Alfonso XIII (1917).
“A ética gubernamental produciu o cancro que corroe ao Estado español inficionando [infectado] todos os seus organismos, contaminando, en maior ou menor grao, a todos os seus individuos. O exército resistiu durante moito tempo o contaxio, pero tamén por fin prendeu nel.
A influencia, o favoritismo, a burocracia, a demagoxia e a anarquía como naturais consecuencias;; en fin, tódalas enfermidades que enumera o dereito político como causantes da vida anormal dos estados, aqueixan ao español e conducen á ruina.”
Doc.3.-Declaración ante a prensa de Primo de Rivera, 16 de setembro de 1923:
“Eu non son un ditador. Ninguén pode, con xustiza, aplicarme esta denominación. Son un home a quen os seus camaradas de armas, acaso erróneamente, honraron coa difícil misión de dirixir a reconstrucción da Patria”. 


MODELOS DE COMPOSICIÓN DA 1º PARTE DA RESTAURACIÓN
O alumn@ debe realizar unha delas de xeito obligatorio.

Os seguintes documentos permiten elaborar unha composición sobre a Restauración borbónica, concibida como unha monarquía parlamentaria que se plasma na Constitución de 1876. Debes abordar as circunstancias nas que se produce a chegada de Afonso XII ao poder e as características do seu reinado. Lembra que non se trata de elaborar un tema á marxe das fontes propostas, polo que debes apoiarte nelas ó elaborar a túa redacción.

Doc.1 Comunicado do poder executivo da República ante o pronunciamento, Gaceta de Madrid, 30 de Decembro de 1874
No momento mesmo en que o Xefe do Estado movía o exército do Norte para librar unha batalla decisiva contra as hostes carlistas, utilizando os inmensos sacrificios que o Goberno esixiu ao país, e que este outorgou con tan nobre patriotismo, algunhas forzas do exército do Centro, capitaneadas polos xenerais Martínez Campos e Jovellar, levantaron ao fronte do inimigo a bandeira sediciosa de D. Afonso de Borbón. 

Doc.2.-O Manifesto de Sandhurst presenta en 1874 o programa político da Restauración:
“Orfa a nación agora de todo dereito público e indefinidamente privada das súas liberdades, natural é que volva os ollos ó seu habitual dereito constitucional e a aquelas libres institucións que nin en 1812 ímpediron que defendese a súa independencia nin rematar en 1840 outra empeñada guerra civil (...). Afortunadamente, a Monarquía hereditaria e constitucional posúe nos seus principios a necesaria flexibilidade (...) para que tódolos problemas que traia o seu restablecemento consigo sexan resoltos de conformidade cos votos e a conveniencia da nación. Non hai que agardar que decida eu nada en firme e arbitrariamente;; sen Cortes non resolveron os negocios arduos os Principes españois alá nos antigos tempos da Monarquía, e esta xustísima regra de conducta non hei esquecela eu na miña condición presente, e cando tódolos españois están xa afeitos ós procedementos parlamentarios”.


Doc.2.-Constitución de 1876:
“Don Alfonso XII, pola gracia de Deus, rei constitucional de España;; a tódolos que as presentes viren e entenderen sabede: Que en unión e de acordo coas Cortes do reino, actualmente reunidas, viñemos en decretar e sancionar a seguinte Constitución da Monarquía española (...):
Art. 11. A relixión Católica, Apostólica e Romana é a do Estado. A nación obrígase a manter o culto e os seus ministros (...).
Art. 18. A potestade de facer as leis reside nas Cortes co Rei. Art 19. As Cortes están formadas por dous corpos colexisladores iguais en facultades: o Senado e o Congreso dos Deputados (...). Art.50. A potestade de facer executar as leis reside no Rei (...)”. 


Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre a vida política da Restauración. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debes atender cando menos aos obxectivos e ao funcionamento do sistema de quendas entre partidos, ás características dos mecanismos electorais que o facían posible e aos seus efectos.

Doc. 1. O turnismo visto polo historiador Miguel Artola:
“A quenda é unha fórmula política que ofrece vantaxes inmediatas a cambio de enormes riscos a medio prazo... No canto da inestabilidade e o perigo, a quenda ofrece, a cambio dunha pequena manipulación, a posibilidade de que ambos os partidos poidan desenvolver os seus programas satisfacendo a maior número de electores e asegurando unha evolución pacífica (...). Os efectos perversos da quenda pactada derívanse da perda de información respecto da opinión pública (...). A separación conceptual da España real e a España oficial que leva irremisiblemente aparellada a contraposición dunha e outra, así como a condena da última, non é máis que a consecuencia previsible e inevitable da aceptación do principio da quenda”.
Fonte: J.L. Garcia Delgado y otros, La España de la Restauración, Madrid, Editorial s. XXI, 1985.

Doc. 2. Artigo contra o caciquismo publicado no xornal El Imparcial, o 18 de outubro de 1883:
“É necesario (...) poñer man nisto e romper esa vinculación de poderes, pola que resulta que unha soa persoa, allea a todo cargo oficial, e libre, por tanto, de toda responsabilidade, constitúe unha maxistratura anónima, pero omnipresente e práctica, un despotismo peor cen veces que o dos reis absolutos, porque tendo por seus ao recadador de impostos, ao alcalde e ao xuíz;; a facenda, a honra e ata a vida dos homes honrados están á mercé dese gran especulador da política que se chama cacique (...)”.

Doc. 3. O fraude electoral segundo Benito Pérez Galdós (1884):
“É moi triste como se fixeron as últimas eleccións, co menor número posible de electores, con bastantes resurreccións de mortos e non poucas violencias e atropelos. Xa é costume que só voten os que dunha maneira ou outra sacan partido das amizades e servizos políticos, e a inmensa maioría da nación, mirando tan importante acto con desdén, abstense de tomar parte nel, segura de non alcanzar por procedementos representativos o remedio dos seus males (...). Resultado desta fraude pública, é que as eleccións as fai o ministro da Gobernación, e daquela fábrica de votos saen tamén as minorías. Non podendo marchar ben o sistema sen oposición, o goberno fabrícaa co mesmo celo que pon na construción da maioría”.
Fonte: B. Pérez Galdós, “Política española”, Antología de artículos, 1884. 



------------------------------------------
ORIENTACIÓNS: Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre os principais sectores industriais e o papel do ferrocarril na España do século XIX. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debes atender cando menos á evolución dos sectores téxtil e siderúrxico e as súas diferenzas rexionais, así como ás características do desenvolvemento ferroviario español e os seus efectos sobre o conxunto da economía.

Doc. 1:En 1860 o escritor catalán Manuel Angelón describía o desenvolvemento industrial de Cataluña:
“En España a palabra industria trae infaliblemente á memoria a palabra Cataluña. O principado é sen dúbida o núcleo da forza e riqueza industrial da Península;; Barcelona é chamada por propios e estraños a Manchester da nosa querida patria (...). Non hai probablemente industria ningunha que non teña en Cataluña a súa representación, e non en pequena escala, senón en vastas proporcións. Os fiados e tecidos de algodón, os estampados, os tecidos de seda e la nas súas múltiples calidades, damascos, veludos, tisús, encaixes, máquinas, papel, todo se fabrica no antigo principado”.

 Doc. 2. Distribución rexional da produción siderúrxica española (medias anuais en miles de toneladas):

Período
Produción
Andalucía
page1image17552
Biscaia
Asturias
1861-1865
45,65
14,65
11,73
13,17
1871-1875
45,53
4,46
8,72
24,90
1881-1885
131,59
2,89
76,71
40,08
1896-1900
289,24
page1image39744
page1image40688
227,69
page1image42432 page1image42752
102,81
page1image44152
Fonte: Jordi Nadal, El fracaso de la Revolución Industrial en España, Barcelona, Ed. Ariel, 1975, p.167.


Doc.3: En febreiro de 1851 o diario conservador El Heraldo facíase eco da inauguración do ferrocarril Madrid-Aranxuez:
“Poucas solemnidades viu Madrid desde a súa fundación que poidan compararse en brillo, (...) en esperanza do porvir, á que presenciou o domingo. A inauguración do ferrocarril de Aranxuez é o primeiro paso que dá a capital da monarquía cara ao mar;; é o anuncio seguro de que tarde ou cedo os ricos produtos de Castela, da Mancha e dalgunhas provincias meridionais, estancados hoxe, e afogando na súa improdutiva abundancia ao seu mesmo produtor, impedindo a creación de capitais, e deixando ermos campos feraces que poderían alimentar a metade de Europa, lograsen baleirarse nos grandes mercados do mundo, e cambiarse polos produtos que necesitamos e de que carecemos”. 



OBXECTIVOS TEMA 2 EXAME 
DÍA 28/11/19
1. Saber realizar unha composición histórica que aborde este tema (5 puntos):
A construción do estado liberal (principios do liberalismo e diferencias entre as diferentes familias políticas).

2. Saber definir 4 dos seguintes termos (2 puntos):
Afrancesados, abdicación de Bayona, manifesto dos persas, pragmática sanción (1830), tratado de ValenÇay, desamortización, Aula Regia, bárbaros, castro, conventus, economía predadora, guerras cántabras, megalitismo, rexencia, sufraxio universal masculino, sufraxio censitario, Estatuto Real, pronunciamento, Unión Liberal, carta de poboamento, manso, Marca Hispánica, mesta, mozárabe, presura, taifas.
3. Expoñer nun máximo de unha carilla un dos seguintes temas (3 puntos):
  • Os musulmáns na Península Ibérica (etapas políticas e realidade socioeconómica).
  • Reconquista e repoboación (etapas da Reconquista, modelos de repoboación).
  • O Réxime feudal e a sociedade estamental. 

ORIENTACIÓNS: Os seguintes textos permiten a elaboración dunha composición que teña por tema central a evolución política durante o reinado de Fernando VII, entre 1814 e 1833. Na redacción debes tratar as seguintes cuestións: A permanente tensión entre a persistencia do Antigo Réxime e a loita pola instauración do liberalismo; as distintas etapas do reinado, salientando as diferenzas entre elas; o pronunciamento militar como recurso para acadar o cambio político. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.

Doc.1.- Representación e manifesto que algúns deputados ás cortes ordinarias firmaron nos maiores apuros da súa opresión en Madrid, 1814:
[...] Artigo 134. A monarquía absoluta (...) é unha obra da razón e da intelixencia;; está subordinada á lei divina, á xustiza e ás regras fundamentais do Estado;; foi establecida por dereito de conquista o pola sumisión voluntaria dos primeiros homes que elixiron ós reis. Así́ que o soberano absoluto non ten facultade de empregar sen razón da súa autoridade (dereito que no quixo ter o mesmo Deus);; [...].
Doc.2.-Manifesto que dirixe á Nación española a Xunta Provincial de Galicia, presidida por Juan Díaz Porlier, en 1815:
Españois: (...). Obrigados pola necesidade, vendo que a verdade non pode chegar aos oídos do rei, sitiado a toda hora polos seus conselleiros (...), tomamos a terrible, pero indispensable, resolución de reclamar coas armas na man o que se negou ás nosas solicitudes.
O noso obxecto é o de España enteira: unha monarquía sometida a leis xustas e sabias, e constituída dun xeito que sexa garantía, o mesmo das prerrogativas do trono que dos dereitos da nación. Pedimos a convocatoria de Cortes nomeadas polo pobo, e que estas teñan liberdade de facer na Constitución proclamada polas Cortes extraordinarias, os cambios que esixe a nosa situación!.
Doc.3.-Logo da intervención da Santa Alianza, Fernando VII anula en 1823 os actos do goberno constitucional:
Sentado xa outra vez no trono de San Fernando pola man sabia e xusta do Omnipotente, polas xenerosas resolucións dos meus poderosos aliados e polos denodados esforzos do meu primo, o duque de Angulema, e o seu bravo exército, desexando prover o remedio ás máis urxentes necesidades dos meus pobos, e manifestar a todo o mundo a miña verdadeira liberdade, viñen decretar o seguinte:
1º. Son nulos e de ningún valor tódolos actos do goberno chamado constitucional (de calquera clase e condición que sexan) que dominou os meus pobos desde o 7 de marzo de 1820 ata hoxe 1 de outubro de 1823, declarando, como declaro, que en toda esta época carecín de liberdade. 



UNIDADE 1: OBXECTIVOS
Ø  Definir 4 dos termos de esta lista (1º exame, día 24/10/2019)
o   Aula Regia:
o   Bárbaros:
o   Castro:
o   Conventus:
o   Economía predadora:
o   Guerras Cántabras:
o   Megalitismo
o   Afrancesados
o   Abdicacións de Baiona:
o   Desamortización:
o   Manifesto dos persas:
o   Pragmática Sanción de 1830:
o   Tratado de Valençay
Ø  Realizar unha pregunta longa  (1 carilla) que pode abordar os seguintes temas: (1º exame)
o   O Neolítico: características e cambios con respecto á época Paleolítica (cambios económicos, sociais e culturais).
o   Os pobos prerromanos da Península Ibérica (pobos do sur e do levante, meseteños e do occidente peninsular)
o   Conquista e romanización (etapas da conquista, elementos de romanización: organización político-administrativa do territorio, lingua e cultura, obras públicas).

Ø  Realización dunha composición histórica na que p alumno amosa que coñece: (2º exame)
o   Impacto da Revolución Francesa e as relacións entre España e Francia na Guerra da Independencia.
o   Primeiro intento de revolución liberal en España, as Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812.
o   Fases do reinado de Fernando VII: restauración do absolutismo; trienio liberal; reacción absolutista.

UNIDADE 1: A CRISE DO ANTIGO RÉXIME


BENVIDOS AO CURSO 2019-2020!




Comentario de texto sobre os kamikazes:





OBXECTIVOS 

EXAME DÍA 14/3/2019


  • Definicións:
    • Purga, bolchevique, menxevique, gran depresión, teoría do espazo vital, marcha sobre Roma, New Deal, Fascismo.
  • Revolución rusa
    • Elaborar un esquema coas diferentes fases.
    • Comentar un texto que aborde a temática da Revolución Rusa.
  • Crise do 29 e Gran Depresión
    • Elaborar un mapa conceptual coas causas, consecuencias en EE.UU e a súa expansión a Europa.
    • Medidas tomadas polo goberno dos EE.UU: New Deal
  • Ascenso dos totalitarismos
    • Causas: esquema
    • Características 
    • Nazismo
      • Pregunta longa.
    • Fascismo
      • Pregunta longa.



    UD. 6: REVOLUCIÓN RUSA
    UD.7: A EUROPA DE ENTREGUERRAS
    UD.8 O AVANCE DOS TOTALITARISMOS

    OBXECTIVOS 
    IMPERIALISMO E I GUERRA MUNDIAL

            COMPETENCIAS
            - Saber comentar un mapa que abordará un destes temas:
                    Reparto colonial.
                  Fases da I Guerra Mundial.
    • CONTIDOS
      a) Imperialismo:

      • -  Saber definir Imperialismo Colonial. 
      • -  Coñecer as causas da expansión imperialista e saber elaborar un
        esquema coas mesmas: o Económicas.
        o Políticas.
        o Ideolóxicas.
        o Relixiosas.
        o Científicas.
      • -  Saber definir as formas de dominación colonial:
        o Colonia.
        o Dominio.
        o Protectorado. o Concesión.
      • -  Saber expoñer dun xeito claro o que sucedeu na Conferencia de Berlín.
        b) I Guerra Mundial
      • -  Coñecer as causas da I Guerra Mundial e saber elaborar un esquema coas mesmas.
        o As rivalidades das grandes potencias.
        o A formación de bloques e a carreira de armamentos. o Os enfrontamentos coloniais.
        o A crise dos Balcáns.
        o A crise de xullo de 1914 (detonante).
      • -  Coñecer as tres fases da guerra (mapa).
      • -  Saber definir trincheira.
      • -  Coñecer que foron os “14 puntos de Wilson” e os seus
        obxectivos.
      • -  Coñecer as características dos tratados de paz.
      • -  Coñecer as consecuencias territoriais dos tratados de paz. 

    UNIDADE: IMPERIALISMO E I GUERRA MUNDIAL


    COMENTA O MAPA

    OBXECTIVOS  1º AVALIACIÓN

    COMPETENCIAS
    1.         Comentar unha gráfica coa poboación do Antigo Réxime.
    2.         Comentar un documento da Revolución Francesa.
    3.         Elaborar un mapa conceptual da Revolución Francesa.
    4.         Comentar un mapa do Imperio Napoleónico.
    5.         Comentar unha imaxe do Congreso de Viena.
    6.         Elaborar unha táboa dos procesos unificadores

    CONTIDOS
    1.         Coñecer os fundamentos do Antigo Réxime.
    a.         Sociedade.
    b.         Economía
(Comercio, artesanía, Sector agrario)
    c.         Política
    2.         Coñecer as ideas da Ilustración e aos seus principaisrepresentantes.
    3.         Coñecer as causas, desenvolvemento e consecuencias da Revolución Americana.
    4.          Coñecer as causas, desenvolvemento e consecuencias da Revolución Francesa.(Mapa Conceptual)
    5.         Coñecer os trazos principais do imperio napoleónico (Comentario)
    6.          Coñecer as principais consecuencias da restauración.(Comentario)
    7.         O Congreso de Viena (Comentario).
    8.         Distinguir entre nacionalismos disgregadores e unificadores
    9.         Coñecer os procesos unificadores de Alemaña e Italia (táboa)
    10.   Coñecer os principios do liberalismo.
    11.   Definicións: xirondino, xacobino, restauración, liberalismo, nación, nacionalidade, nacionalismo, sistema de congresos, sufraxio censitario. Estamento, burguesía, gremio, domestic system, absolutismo, agricultura de subsistencia, desamortización.


    Comentario Nº 3:


    BENVIDOS AO CURSO 2018-2019

    PRESENTACIÓN

    UNIDADE 8

    OBXECTIVOS
    DO DESASTRE DO 98 Á GUERRA CIVIL 

            COMPETENCIAS
    • -  Os alumnos deben saber analizar un mapa sobre a evolución da Guerra Civil.
    • -  Os alumnos deben saber analizar un fragmento da Constitución de 1931.
    • -  Os alumnos deben saber facer un esquema coas principais reformas da
      II República.
    • -  Os alumnos deben saber realizar un esquema sobre o reinado de Alfonso
      XIII .

      CONTIDOS
    • -  O desastre do 98
      o A crise do 98.
      o Rexeneracionismo (Definición)

    • -  A crise da Restauración (1902-1931)
      o Semana Tráxica (Definición)
      o Crise de 1917
      o Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) 
      • Evolución
      • Derrota de Annual (Definición)
      • Pacto de San Sebastián (Definición).


    • -  II República
      o Bienio Reformista (1931-1933) (Esquema coas reformas) 
      o Comentario da Constitución de 1931.
      o Bienio Conservador (1933-1936) 
      • CEDA (Definición)
      • Revolución de Outubro de 1934
    o Fronte Popular (1936)
    • -  Guerra Civil (1936-1939)
      o Comentario do mapa.
      o Golpe de Estado
      o Dimensión internacional.
    UNIDADE 7
    OBXECTIVOS 
    ESPAÑA S.XIX

    a) Competencias:

    1. Comentario do mapa da Guerra da Independencia
    2. Comentario de texto da Constitución de1812
    3. Elaborar unha liña do tempo dende Carlos IV a Afonso XII

    b) Contidos:

    • A crise do reinado de Carlos IV
    • A guerra contra Francia
      • Definir guerrilla
    • As Cortes de Cádiz
      • Composición e labor das Cortes. 
    • A Constitución de Cádiz
      •  Definir soberanía nacional 
    • O reinado de Fernando VII
      • Pragmática Sanción de 1830
    • Isabel II e a construción do Estado Liberal (1833-1868
      • Definir rexencia
      • Definir pronunciamento.
    • O sexenio Democrático (1868-1874)
      • Definir cantonalismo
    •  A Restauración
      • Definir cacique
      • Definir pucheirazo 

    Exercicio de Educación en Valores

    Visualiza o corto Happiness e fai unha reflexión sobre as cosas que consideras que che aportan felicidade.

    Happiness


    UNIDADE 6

    UNIDADE 5


    OBXECTIVOS
    COMPETENCIAS
    -               Os alumnos deben saber analizar un mapa sobre a evolución da II Guerra Mundial.
    -               Os alumnos deben saber realizar un esquema sobre a crise do 29.

    CONTIDOS
    1.    A crise do 29
      1. Esquema
    2.     A Gran Depresión
    3.    O New Deal
    4.    O ascenso dos totalitarismos
      1. Características dun réxime totalitario
    5.    Italia Fascista
      1. Bases ideolóxicas do fascismo
    6.    Alemaña Nazi
    7.    A ditadura de Stalin (1929-1953)
      1. Dictadura totalitaria
    8.    II Guerra Mundial
      1.  Causas
        1. Esquema feito na aula
      2. Desenvolvemento
        1. Comentario do mapa
      3.  Tratados de Paz
        1. Conferencia de Ialta
        2.  Conferencia de Postdam
        3. ONU

    UNIDADE 4



    OBXECTIVOS
    1. Competencias:
    a. Comentar un mapa do imperialismo.
    b. Comentar un mapa da primeira Guerra Mundial.

    2. Contidos
    1. A II Revolución Industrial
    2. Os efectos da industrialización na poboación
    3. A sociedade de clases
    4. O movemento obreiro
    5. O imperialismo
      1. Concepto
      2. Factores
      3. Os grandes imperios
      4. As formas de dominio
      5. A explotación económica
    6. A primeira Guerra Mundial
      i. Orixe
      ii. Desenvolvemento

      iii. Consecuencias.
    7. A Revolución Rusa
      1. A revolución de 1905
      2. A revolución de febreiro de 1917
        1. Fracaso do goberno provisional.
      3. A revolución de outubro de 1917
      4. Impacto da revolución. 

    UNIDADE 3

    OBXETIVOS

    ØCoñecer as causas, desenvolvemento e consecuencias da Revolución Americana.
    Ø  Coñecer as causas, desenvolvemento e consecuencias da Revolución Francesa.
    Ø  Coñecer os trazos principais do imperio napoleónico.
    Ø  Coñecer as principais consecuencias da restauración.
    o   O Congreso de Viena.
    o   As ondas revolucionarias.
    Ø  Distinguir entre nacionalismos disgregadores e unificadores
    o   Coñecer os procesos unificadores de Alemaña e Italia.
    Ø  Coñecer as orixes da Revolución Industrial.
    o   Revolución demográfica
    o   Revolución agrícola.
    o   A revolución dos transportes
    Ø  Saber explicar o desenvolvemento da Revolución Industrial.

    Ø  Coñecer os principios do liberalismo.

    UNIDADE 2

    Unidade 1



    OBXETIVOS
    • -  Saber os fundamentos do Antigo Réxime. 
      Sociedade.
      o Economía

      Comercio e artesanía 


      Sector agrario

      o Política

      Absolutismo


      Parlamentarismo inglés


      República das Provincias Unidas

    • -  Coñecer as ideas da Ilustración e aos seus
      representantes.

    • -  Saber explicar o Despotismo Ilustrado.

    • -  Coñecer as reformas borbónicas en España UD.6: REVOLUCIÓN RUSA

    Comentarios

    Publicacións populares deste blog